miércoles, 6 de noviembre de 2013

A Bioloxía como Ciencia


A bioloxía é a ciencia que estuda aos seres vivos. Ata aquí non hai ningún problema, isto complícase cando empezamos a definir o que é CIENCIA, ESTUDAR e o máis complexo, o VIVO.

O termo bioloxía; do grego "Bios" vida e "logos" estudo ou descrición foi introducido en Alemaña polo profesor de fisiología e anatomía Karl Friedrich Burdach en 1800.

A bioloxía pode estudar desde o mundo microscópico dos compoñentes, os procesos químicos e moleculares da célula, ata o mundo macroscópico dos ecosistemas. Como ciencia, o seu obxecto de estudo son os seres vivos, as súas orixes, como evolucionaron, as interaccións entre eles e coa contorna, ademais das características que os distinguen uns doutros e da materia inerte. De todo isto trátase a materia, Benvidos ao marabilloso mundo da BIOLOXÍA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario