miércoles, 4 de diciembre de 2013

O MICROBIO INMORTAL E OS XENES PROMISCUOS

bacteriasbioterrorismo              

  
As enfermidades infecciosas resistentes ás drogas e aos antibióticos son a causa dun terzo dos 52 millóns de mortes no mundo. Estas aumentaron notablemente durante os últimos vinte anos, en coincidencia co desenvolvemento da biotecnología de ingeniería xenética comercial. Existe unha evidencia abafadora de que a transferencia xenética horizontal a través das barreiras entre as especies é responsable da creación de novos patógenos virales e bacterianos, e de difundir a resistencia ás drogas e os antibióticos. A ingeniería xenética é inherentemente perigosa porque depende precisamente de deseñar vectores artificiais para cruzar todas as barreiras entre as especies, o que incrementa enormemente as posibilidades de xeración de novos patógenos virales e bacterianos por transferencia xenética horizontal e recombinación. Este perigo levou aos primeiros enxeñeiros xenéticos a declarar unha moratoria sobre o seu propio traballo en 1975; pero as presións para avanzar coa explotación comercial levaron a pautas regulatorias deseñadas principalmente sobre a base de supostos. Desde entón cada un destes supostos resultou invalidado polos descubrimentos científicos. Poderiamos estar experimentando o preludio dun pesadelo de epidemias de enfermidades infecciosas incontrolables e intratables. Debemos esixir un alto agora; non hai tempo que perder.
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario