miércoles, 29 de enero de 2014


Descubierta una nueva especie de delfín de río en Brasil



--É o primeiro descubrimento dentro desta familia en máis de 100 anos
--Estes mamíferos están entre os máis ameazadas do mundo



Seis científicos de distintos países, a maioría afincados en Brasil, descubriron unha nova especie de delfín de río que vive no Araguaia (Brasil), que non é un afluente do Amazonas senón do Tocantins. A investigación xenética mostra que se diferenciou doutros delfines de río ?é dicir, do seu devanceiro común? fai máis de dous millóns de anos

O animal foi bautizado como Inia araguaiaensis e con el son cinco as especies coñecidas de delfines de río. Os investigadores calculan que quedan uns 1.000 exemplares vivos e suxiren que o animal sexa considerado "vulnerable" pola Unión Internacional pola Conservación da Natureza (IUCN nas súas siglas en inglés), xa que están ameazados polo desenvolvemento e a construción de presas hidroeléctricas.

Estes delfines son suficientemente diferentes, genéticamente falando, dos seus curmáns o delfín do río Amazonas e o delfín de río boliviano como para consideralos unha especie distinta. Aínda que en aspecto parécense, a nova especie ten un cráneo algo maior e menos dentes. O artigo foi publicado na revista Plos One, baixo unha licenza de Creative Commons que permite a súa libre distribución.

O delfín do río Yangtsé era o último en ser descuberto ata agora (en 1918), e extinguiuse en 2007. Tres das especies que permanecen vivas están ameazadas, segundo a IUCN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario